
“Fálame de San Sadurniño” xurde dunha actividade desenvolvida na Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño para conmemorar o 17 de maio do 2013, día das Letras Galegas e tamén día de Internet, conxugando na mesma actividade a defensa da lingua galega e o emprego das TIC.Basicamente a actividade consiste na realización de obradoiros colaborativos no que @s participantes aprenden a dixitalizar e xeolocalizar fotografías; posteriormente gravan un audio explicativo de cada imaxe, para subir logo o resultado final á web www.falamedesansadurnino.org: un espazo na rede no que simples fotos faladas cargan de sentido colectivo a pequenas vivencias individuais que, so en aparencia, semellan desconectadas.Mais o proxecto non só pretende reflectir os tempos pasados de San Sadurniño, senón tamén o seu presente a través de imaxes, sons, vídeos ou documentos que nos “falen de SanSa” na actualidade, para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria que sostén o devalar cotián das xentes, em