
"Lectura radiofónica de 'Vinte mil leguas baixo dos mares'" en Radio Redondela 94.9 FMLectura radiofónica de 'Vinte mil leguas baixo dos mares' para conmemorar a “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizaron unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne 'Vinte mil leguas baixo dos mares" á que convidaron a participar a toda a cidadanía. As persoas interesadas achegáronse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Esta lectura pública, que se emite o 24 e 31 de decembro na Radio Municipal de Redondela, a través das ondas busca homenaxear unha das obras fundamentais da literatura de aventuras. Para os que non puidésedes escoitala os días de emisión ou queredes recrearvos de novo con ela, atoparédela aquí nesta plataforma.