
A Historia de España, en podcast.34 episodios (en actualización) nos que explico cada unha das preguntas que poden caer no exame de PAU Galicia 2024/25, desde a 1 (Reis Católicos) ata a 34 (Evolución e cambios na España actual). Espero que o disfrutes, que aprendas e que che axude. Se é así, preme Gústame, comparte, comenta ou envíame unha mensaxe ao meu Instagram @miguelabrairaProfesor en institutos públicos de Galicia desde 2008, ensino Historia en Bacharelato e ESO. En 2020 fun elixido 6º Mellor Docente de Secundaria de España (Premios Educa).